Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Testemuñas de Xehová

Galego

Que é o Reino de Deus?

Que é o Reino de Deus?

Dirías que é . . .

  • aceptar a Deus no teu corazón?

  • a vida no ceo?

  • o goberno de Deus?

 O QUE DI A BIBLIA

“O Deus do ceo suscitará un reino que endexamais non será derrubado” (Daniel 2:44, A Biblia, Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos).

“¡O reinado do mundo pasou a ser do noso Deus e do seu Mesías!” (Apocalipse 11:15).

QUE PODERÍA SIGNIFICAR ISTO PARA TI?

 PODEMOS CONFIAR NO QUE DI A BIBLIA?

Si, dúas das razóns son:

  • Xesús mostrou o que o Reino de Deus logrará. Xesús ensinoulles ós seus discípulos a orar por que viñese o Reino de Deus e se fixese a súa vontade na terra (Mateo 6:9, 10). E demostrou de que maneira chegaría a resposta a esa oración.

    Cando estivo na terra, Xesús alimentou famentos, curou enfermos e mesmo resucitou mortos (Mateo 15: 29-38; Xoán 11:38-44). Deste xeito mostrou todo o que fará polo seus súbditos como rei do Reino de Deus (Apocalipse 11:15).

  • A situación do noso mundo proba que o Reino de Deus chegará axiña. Xesús predixo que, xusto antes de que o Reino trouxese paz á terra, habería moitas guerras, fame e terremotos (Mateo 24:3, 7).

    Non é o que vemos hoxe? Polo tanto, podemos confiar en que o Reino de Deus pronto vai acabar con todos estes problemas.

 PENSA NISTO

Como será a vida cando o Reino de Deus goberne a terra?

Atoparás a resposta en SALMO 37:29 e ISAÍAS 65:21-23.