Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Testemuñas de Xehová

Galego

Acabara algun dia o sufrimento?

Acabara algun dia o sufrimento?

Pensas que . . .

  • si?

  • non?

  • pode ser?

 O QUE DI A BIBLIA

“Deus (. . .) enxugará tódalas bágoas dos seus ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito, nin pranto nin dor.” (Apocalipse 21:3, 4, A Biblia, SEPT)

QUE PODERÍA SIGNIFICAR ISTO PARA TI

A seguridade de que Deus non causa os nosos problemas (Santiago 1:13)

A tranquilidade de saber que Deus comprende cómo nos sentimos cando o pasamos mal (Zacarías 2:12)

A confianza de que todo sufrimento rematará (Salmo 37:9-11)

 PODEMOS CONFIAR NO QUE DI A BIBLIA?

Si, dúas das razóns son:

  • Deus odia a inxustiza e o sufrimento. Sabes como se sentía Deus cando o seu pobo era tratado con crueldade? A Biblia explica canto sufría El “polos choros deles, ó seren oprimidos e desprezados” (Xuíces 2:18).

    Deus rexeita a aqueles que fan dano a outros. Por exemplo, a Biblia di que aborrece “as mans que esparexen sangue inocente” (Proverbios 6:16, 17).

  • Deus coida de cada un de nós. Todos sabemos ben dos nosos problemas, e Xehová tamén coñece a dor do noso corazón (2Crónicas 6:29, 30).

    Moi pronto, o Reino de Deus acabará coas nosas penas (Mateo 6:9, 10). E mentres tanto, “anímanos en tódalas mágoas” se nos achegamos a El (Feitos 17:27; 2Corintios 1:3, 4).

 PENSA NISTO

Por que permite Deus que suframos?

Atoparás a resposta en ROMANOS 5:12 e 2PEDRO 3:9.