Ir ó contido

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

8. Que é o Reino de Deus?

8. Que é o Reino de Deus?

1 O REINO DE DEUS É UN GOBERNO REAL

“Veña o teu Reino, fágase a túa vontade así na terra coma no ceo” (Mateo 6:9-13)

Que é o Reino de Deus?

2 XESÚS SERÁ O MELLOR GOBERNANTE

“Xulgará ó pobre conforme a xustiza” (Isaías 11:4)

Por que Xesús é o mellor rei posible para o Reino de Deus?

  • 1 Timoteo 6:16

    A vida dos gobernantes humanos é limitada, pero Xesús nunca morrerá. Polo tanto, tódalas cousas boas que fará por nós durarán para sempre.

  • Isaías 11:2-4

    Xesús pode facer moitas máis cousas boas que calquera gobernante humano. Ten máis poder que tódolos gobernos humanos xuntos. Ademais, é xusto e compasivo.

3 O REINO DE DEUS FARÁ A VONTADE DE DEUS

“O Deus do ceo suscitará un reino que endexamais non será derrubado” (Daniel 2:44)

Que leva feito o Reino ata agora? Que fará no futuro?

  • Apocalipse 12:7-12

    Despois de ser nomeado Rei en 1914, Xesús botou a Satanás do ceo á terra. Por iso hai tantos problemas, dor e sufrimento no mundo.

  • Eclesiastés 8:9; Apocalipse 16:16

    En Harmaguedón, o Reino acabará cos crueis e corruptos gobernos humanos.

  • Salmo 37:10

    As persoas que non queiran deixar de facer cousas malas serán eliminadas.

  • Apocalipse 22:1-3

    Cando o Reino de Deus goberne a terra, non haberá enfermidades nin morte, e tódolos humanos respectarán o nome de Deus.