Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Resumos do libro “¿Qué nos enseña la Biblia?”

7. A esperanza da resurrección

7. A esperanza da resurrección

1 XEHOVÁ ACABARÁ COA MORTE

“A morte será o derradeiro inimigo destruído” (1 Corintios 15:26)

Como nos consola a Biblia cando alguén morre?

  • 2 Corintios 1:3, 4

    Cando morre algún membro da familia ou un amigo, quizais nos sintamos desconsolados. A Biblia dános verdadeiro consolo.

  • Isaías 25:8; 26:19

    Xehová ten o poder de eliminar a morte para sempre. Ademais, traerá á vida os que morreron.

2 PODEMOS TER FE NA RESURRECCIÓN

“Rapaza, érguete” (Marcos 5:41)

Por que podemos ter fe na resurrección?

  • Xoán 11:1-44

    Xesús resucitou a Lázaro.

  • Marcos 5:22-24, 35-42

    Xesús resucitou unha nena.

  • Xoán 11:41, 42

    Xesús puido resucitar os mortos grazas ó poder de Xehová.

  • Xoán 12:9-11

    Moitas persoas presenciaron as resurreccións que fixo Xesús. Mesmo os seus inimigos sabían que el podía resucitar os mortos.

3 XEHOVÁ RESUCITARÁ MILLÓNS DE PERSOAS

“Chamaríasme entón e eu respondería; terías saudade da obra das túas mans” (Xob 14:13-15)

Quen resucitará?

  • Xoán 5:28, 29

    Tódolos que estean na memoria de Xehová volverán á vida.

  • Feitos 24:15

    Resucitarán os xustos e os inxustos.

  • Isaías 40:26

    Xehová pode recordar o nome de tódalas estrelas; polo tanto, tamén pode recordar con facilidade tódolos detalles acerca das persoas que vai resucitar.

4 ALGUNHAS PERSOAS RESUCITARÁN PARA VIVIR NO CEO

Xesús dixo que lles “ía arranxar un lugar” (Xoán 14:2)

Quen resucitará para vivir no ceo?

  • 1 Pedro 3:18

    Xesús foi a primeira persoa en resucitar para ir ó ceo.

  • Lucas 12:32

    Xesús dixo que só un pequeno grupo de discípulos seus resucitaría para vivir no ceo.

  • Apocalipse 14:1

    Xehová escolleu 144.000 persoas para que vivan no ceo.