Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Resumos do libro “¿Qué nos enseña la Biblia?”

18. Deberiamos dedicar a nosa vida a Deus e bautizarnos?

18. Deberiamos dedicar a nosa vida a Deus e bautizarnos?

1 POR QUE BAUTIZARNOS?

“Aquí hai auga, ¿por que non me podo bautizar eu?” (Feitos 8:36)

Como e por que debemos bautizarnos?

Ó bautizarnos, demostramos que deixamos atrás o noso modo de vida anterior e que comezamos a vivir para facer a vontade de Deus.

  • Mateo 28:19, 20

    Para servir a Xehová debemos bautizarnos.

  • Salmo 40:9 (40:8, NM)

    O bautismo demóstralles ós demais que queremos servir a Deus.

  • Mateo 3:16

    O bautismo debe realizarse mergullándose na auga, igual que fixo Xesús.

2 XEHOVÁ NON NOS PIDE MÁIS DO QUE PODEMOS FACER

“O amor a Deus consiste en cumprir cos seus mandamentos. Os mandamentos de Deus non son pesados” (1 Xoán 5:3)

Por que non debemos ter medo de dar o paso de dedicarnos a Xehová?

  • Salmo 103:14; Isaías 41:10

    Para dedicarnos a Xehová non fai falta que sexamos perfectos. Sempre contaremos coa súa axuda para facer o correcto.

  • 1 Tesalonicenses 4:1

    O noso amor a Xehová axudaranos a superar o medo a decepcionalo.

3 PASOS CARA Ó BAUTISMO

“Face-la túa vontade, meu Deus, é o que eu quero; a túa lei está no fondo de min mesmo” (Salmo 40:9 [40:8NM])

Que debemos facer para dedicarnos a Xehová?

  • Xoán 17:3

    ESTUDAR A PALABRA DE DEUS

    Debemos coñecer a Xehová e a Xesucristo. Canto mellor os coñezamos, máis os quereremos.

  • Hebreos 11:6

    TER FE

    Confiemos plenamente nas promesas de Deus e no poder do sacrificio de Xesús para rescatarnos do pecado e a morte.

  • Feitos 3:19

    ARREPENTIRNOS

    Debemos sentir pesar polo que fixemos mal no pasado.

    VOLVERNOS

    Debemos deixar atrás o que Deus non aproba e facer o correcto.

  • 1 Pedro 4:2

    DEDICAR A NOSA VIDA A DEUS

    Para dedicar a nosa vida a Xehová debemos facerlle unha oración na que lle prometemos que o imos adorar, e que servilo será o máis importante na nosa vida.