Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Resumos do libro “¿Qué nos enseña la Biblia?”

15. Cal é a relixión verdadeira?

15. Cal é a relixión verdadeira?

1 COMO ATOPAR A RELIXIÓN VERDADEIRA

“¡Que estreita é a porta e que apretado o camiño que levan á vida, e que poucos dan con eles!” (Mateo 7:14)

Como podemos saber se Deus acepta tódalas relixións?

  • Mateo 7:21-23

    Deus non acepta ningunha relixión que non faga a Súa vontade.

  • Mateo 7:13, 14

    A relixión verdadeira leva á vida eterna. A relixión falsa leva á destrución eterna.

  • Mateo 7:16, 17

    Identificaremos a relixión verdadeira polos seus feitos. Non precisamos investigar tódalas relixións; abonda con estudar o que ensina a Biblia.

2 COMO DEBEMOS ADORAR A DEUS

3 ACTUEMOS CONFORME O QUE APRENDEMOS NA BIBLIA

Que debemos facer para que Deus acepte a nosa adoración?

  • Santiago 2:19

    Non chega con crer en Deus. Debemos practicar o que El ensina na Biblia.

  • Isaías 52:11; Apocalipse 17:5

    A relixión falsa, ou “gran Babilonia”, ensina formas de adorar a Deus que el non acepta. Entre as ensinanzas destas relixións están a Trindade, a inmortalidade da alma e o inferno.

  • Apocalipse 18:4, 8

    Xehová pronto acabará con tódalas relixións falsas. Rexeitemos calquera cousa relacionada con elas.

  • Marcos 10:28-30

    Aínda que alguén se opoña a que sirvamos a Xehová, El sempre estará ó noso carón.