1 XEHOVÁ CREOU A FAMILIA

“Por esta razón axeónllome perante o Pai, de quen toma nome toda paternidade no ceo e mais na terra” (Efesios 3:14, 15)

Como podemos ter unha familia feliz?

2 CONSELLOS DA BIBLIA PARA O MATRIMONIO

“Cada un de vós, debe ama-la súa muller [...]; e a muller, que respecte ó seu marido” (Efesios 5:33)

Como deben tratarse o marido e a muller?

3 CONSELLOS DA BIBLIA PARA OS PAIS

“E vós, pais, non sexades rigorosos de máis cos vosos fillos; non: educádeos na disciplina e na doutrina do Señor” (Efesios 6:4)

Que responsabilidades teñen os pais?

  • Deuteronomio 6:4-9; Proverbios 22:6

    É fundamental dedicar tempo a falarlles de Xehová ós fillos. Con paciencia, hai que axudalos a facerse amigos de Xehová desde ben pequenos.

  • 1 Pedro 5:8

    Ensinemos ós nosos fillos a protexerse dos abusos sexuais e outros perigos.

  • Xeremías 30:11; Hebreos 12:9-11

    Aínda que debemos corrixir os nosos fillos, non debemos facelo con crueldade ou cando estamos anoxados.

4 CONSELLOS DA BIBLIA PARA OS FILLOS

“Os fillos obedecede a vosos pais” (Efesios 6:1)

Por que os fillos deben obedecer a seus pais?