Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Resumos do libro “¿Qué nos enseña la Biblia?”

11. Por que hai tanto sufrimento?

11. Por que hai tanto sufrimento?

1 XEHOVÁ NON É O CULPABLE DO SUFRIMENTO

“Lonxe de Deus o ser culpable, lonxe do Omnipotente o obrar inxusto” (Xob 34:10)

Por que hai tanto sufrimento no mundo?

2 SATÁN CUESTIONOU O DEREITO DE XEHOVÁ A GOBERNAR

“Deus sabe ben que [...] se vos abrirán os ollos e seredes coma Deus, sabedores do ben e do mal” (Xénese 3:5)

Por que Xehová non ignorou as acusacións de Satán?

  • Xénese 3:2-5

    Satán acusou a Deus de ser un mal gobernante. El quería que os humanos cresen que tiñan dereito a decidir por si mesmos o que está ben e o que está mal.

  • Xob 38:7

    Satán acusou a Xehová diante de millóns de anxos.

3 AS ACUSACIÓNS DE SATÁN ERAN FALSAS

“O home non é dono do seu camiñar, [...] ninguén é capaz de marchar e asegura-los seus pasos” (Xeremías 10:23)

Por que a humanidade leva tanto tempo sufrindo?

  • Isaías 55:9

    A humanidade probou todo tipo de goberno, pero ningún pode gobernar con éxito sen contar con Deus.

  • 2 Pedro 3:9, 10

    Xehová é paciente, e está a darnos tempo para que o coñezamos e o escollamos como gobernante.

  • 1 Xoán 3:8

    Mediante Xesús, Xehová reparará todo o dano que Satán leva feito.

4 USAREMOS A NOSA LIBERDADE PARA SERVIR A XEHOVÁ?

“Meu fillo, faime feliz sendo sabio, e terei resposta que dar a quen me aldraxe” (Proverbios 27:11)

Por que Xehová non nos obriga a servilo?

  • Proverbios 30:24

    Os animais actúan por instinto, pero a nós Xehová deunos liberdade para decidir. Podemos escoller servilo ou non.

  • Mateo 22:37, 38

    Xehová quere que o sirvamos por amor.