Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Resumos do libro “¿Qué nos enseña la Biblia?”

10. Quen son os anxos?

10. Quen son os anxos?

1 OS ANXOS SON MEMBROS DA FAMILIA DE DEUS

“Bendicide ó Señor, os seus anxos, seres poderosos” (Salmo 103:20)

Que di a Biblia acerca dos anxos?

2 OS ANXOS AXUDAN ÓS SERVOS DE DEUS

“O anxo do Señor acampa en torno ós seus fieis e dálles seguridade” (Salmo 34:8 [34:7NM])

Como sabemos que os anxos poden axudar ás persoas?

3 HAI ANXOS MALVADOS QUE QUEREN FACERNOS MAL

“Que Satanás non saque vantaxe de todo isto, pois non descoñecémo-las súas intencións” (2 Corintios 2:11)

Quen son os demos, e por que queren facernos mal?

  • Apocalipse 12:9

    Houbo un anxo que se rebelou contra Xehová. O seu nome é Satán.

  • Xénese 6:2

    Nos tempos de Noé, algúns anxos rebeláronse e baixaron á terra.

  • Mateo 9:34

    Estes anxos uníronse á rebelión de Satán e convertéronse en demos.

  • Deuteronomio 18:10, 11

    Os demos intentan enganar a xente e facerlles dano de tódolos xeitos posibles.

4 PODEMOS PROTEXERNOS DE SATÁN E OS SEUS DEMOS

“Facédelle fronte a Satán e arredará de vós” (Santiago 4:7)

Que debemos facer para que Xehová nos protexa de Satán e os seus demos?

  • Feitos 19:19

    Desfagámonos de calquera cousa relacionada co espiritismo que faga parecer inofensiva ou interesante a maxia, os demos ou o sobrenatural.

  • Efesios 6:16, 18

    Fortalezamos a nosa fe mediante estudar a Biblia, e pedirlle a Xehová que nos protexa.

  • Proverbios 18:10

    Usemos o nome de Xehová.