1 O MATRIMONIO É UNHA BENDICIÓN DE XEHOVÁ

“Corda de tres fíos non se rompe axiña” (Eclesiastés 4:12)

Por que casa a xente?

 

2 ESCOLLE BEN A TÚA PARELLA

“Eu instruireite e ensinareiche o camiño que has de seguir” (Salmo 32:8)

Que debemos ter en conta antes de casar?

 

 3 AS FUNCIÓNS DO HOME E DA MULLER DENTRO DO MATRIMONIO

“O Señor Deus pensou: ‘Non está ben o home só. Vou facer para el unha axuda ó seu xeito’” (Xénese 2:18)

Que espera Xehová dos cónxuxes?

  • Efesios 5:23; 1 Timoteo 3:1-7; 5:8

    O home debe tomar a iniciativa nas actividades cristiás e atender as necesidades físicas e emocionais da familia. Ademais, é o principal responsable de ensinar e educar os fillos.

  • Proverbios 31:10-31; Romanos 7:2

    A muller é unha boa amiga e compañeira do seu home. Apoia as súas decisións e coida do fogar. Colabora co seu home na educación dos fillos.

  • Efesios 5:33; Filipenses 2:4

    Ambos cónxuxes antepoñen a felicidade da súa parella á súa propia.

 

4 XEHOVÁ PODE AXUDARNOS A QUE O NOSO MATRIMONIO VAIA BEN

“Deixa o home seu pai e súa nai para xuntarse coa súa muller e faceren un mesmo corpo” (Xénese 2:24)

Como podemos seguir tendo un matrimonio unido?

  • Proverbios 3:5, 6; Mateo 19:6

    Xehová creou o matrimonio para que fose unha unión permanente. Os seus consellos sobre o matrimonio son os mellores.

  • Salmo 130:3; Efesios 4:32

    Ambos cónxuxes deben ser tolerantes cos defectos do outro. Deben perdoarse e centrarse nas cousas boas da súa parella.