1 DEUS ÁMATE

“Mantédevos no amor de Deus, agardando [...] a vida eterna” (Xudas 21)

Que te convence de que Deus te ama?

  • Xoán 3:16; 1 Xoán 4:8-10; Apocalipse 4:11

    Xehová creou todo o que hai na terra para que desfrutemos da vida. Aínda que Adam e Eva pecaron, o propósito de Deus non cambiou. Por iso deu a Seu Fillo como rescate, para que tódolos humanos tivesen a oportunidade de vivir para sempre.

  • Salmo 65:3 (65:2, NM); Feitos 5:32

    Xehová deunos a Biblia, o seu espírito santo e a oración para axudarnos na vida. El escóitanos sempre que lle oramos.

 

2 OBEDECER A XEHOVÁ É SEMPRE PARA O NOSO BEN

“Eu son o Señor, o teu Deus, o que te ensina para que saques proveito” (Isaías 48:17)

Por que paga a pena obedecer a Xehová?

  • Deuteronomio 5:28-33; 6:24

    Xehová sabe dos nosos esforzos por obedecelo. Cando o facemos, a nosa vida mellora e temos a esperanza dun futuro marabilloso.

 

 3 PODES DEMOSTRARLLE A XEHOVÁ QUE O AMAS

“O amor a Deus consiste en cumprir cos seus mandamentos” (1 Xoán 5:3)

É posible obedecer a Deus?

  • Deuteronomio 30:11; Salmo 103:14

    Xehová sabe que somos imperfectos e non nos pide nada que non sexamos capaces de facer.

  • Proverbios 27:11; Romanos 7:21-25

    Mesmo cando non é fácil, o noso amor por Xehová dános as forzas que precisamos para obedecelo.

  • Proverbios 6:16-19; Efesios 5:17

    Os principios bíblicos ensínannos como pensa Deus. Ademais, poden influír na nosa forma de pensar e aumentar o noso amor por El. Incluso nos axudan a saber que facer aínda cando a Biblia non o especifica.