Ir ó contido

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

 PREGUNTA 10

Como pode axudarme a Biblia?

Como pode axudarme a Biblia?

POR QUE É IMPORTANTE

A Biblia di: “Toda a Escritura está inspirada por Deus” (2 Timoteo 3:16). Se é certo, poderá orientarche sobre calquera tema.

TI QUE FARÍAS?

Imaxina a seguinte situación. David vai conducindo por un sitio que non coñece en absoluto. Ó ler os nomes das rúas decátase de que non está onde debería estar. Está perdido. Nalgún momento, colleu polo camiño equivocado.

Se foses David, ti que farías?

PÁRATE A PENSAR

Tes varias opcións:

  1. Preguntar.

  2. Consultar un mapa ou un GPS.

  3. Seguir conducindo coa esperanza de que vas atopar o camiño correcto.

Está claro que a opción C é a peor.

A opción B é mellor cá primeira porque vas poder consultar o mapa ou o GPS sempre que o precises durante a viaxe.

A Biblia pode axudarte dun xeito semellante!

O libro máis distribuído da historia pode:

  • Darche bos consellos cando teñas problemas na vida.

  • Axudarche a coñecerte a ti mesmo e a ser mellor persoa.

  • Ensinarche cal é a mellor forma de vivir a túa vida.

 RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS IMPORTANTES DA VIDA

Dende que comezamos a falar, empezamos a facer preguntas.

  • Por que o ceo é azul?

  • De que están feitas as estrelas?

Co tempo, facémonos preguntas acerca do mundo que nos rodea.

E se as respostas levasen dende sempre aí, na Biblia?

Moita xente di que a Biblia está chea de mitos e lendas, que está pasada de moda, ou que é moi difícil de entender. Pero, é a Biblia realmente o problema? Será verdade o que din dela? Ou estarán mal informados?

Por exemplo, a xente cre que a Biblia di que Deus controla o mundo. Pero, como pode ser iso? Este mundo é unha desfeita! Está cheo de dor e sufrimento, enfermidades e morte, desastres e pobreza. Como pode ser que un Deus que nos quere sexa responsable de todo isto?

Gustaríache saber a resposta? O que a Biblia di acerca de quen controla o mundo quizais te sorprenda.

Seguro que te fixaches en que os consellos deste folleto están baseados na Biblia. As testemuñas de Xehová estamos convencidas de que a Biblia é unha guía na que se pode confiar porque “está inspirada por Deus e é útil para ensinar, para corrixir, para enmendar” (2 Timoteo 3:16, 17). Non deixes de investigar por ti mesmo este libro tan antigo e, á vez, tan actual.