Mateo 13:34, 35

EN QUE CONSISTE? Mellorar o ensino usando exemplos sinxelos que cheguen ó corazón dos presentes e transmitan leccións importantes.

COMO LOGRALO?

  • Escolle exemplos sinxelos. Tal como fixo Xesús, utiliza cousas pequenas para explicar outras máis grandes, e cousas sinxelas para explicar outras máis complexas. Non engadas detalles innecesarios que compliquen o exemplo. Asegúrate de que encaixen ben co punto que queres ensinar para non confundir ou distraer o auditorio.

  • Pensa no auditorio. Escolle exemplos baseados en situacións coñecidas para os presentes ou que sexan do seu interese. Ten coidado de que non incomoden ou ofendan a ninguén.

  • Destaca a idea clave. Céntrate en ilustrar os puntos importantes e non os pequenos detalles. Asegúrate de que os presentes lembren, non só o exemplo, senón tamén a ensinanza que queres transmitir.