Lucas 1:3

EN QUE CONSISTE? Utilizar información de fontes fiables para axudar ós presentes a chegar á conclusión correcta.

COMO LOGRALO?

  • Consulta fontes fiables. Basea os teus comentarios na Palabra de Deus e le directamente dela sempre que sexa posible. Se fas referencia a un dato científico, unha noticia, unha experiencia ou calquera outra información, asegúrate de que a fonte sexa fiable e que os datos estean actualizados.

  • Usa ben a información. Explica os textos bíblicos en harmonía co contexto, coa mensaxe xeral da Biblia e coas publicacións do “criado fiel e prudente” (Mt. 24:45). Utiliza a información segrar de xeito exacto e sen cambiar o significado orixinal, tendo en conta o contexto e o que quixo dicir o escritor.

  • Razoa cos presentes. Despois de ler un texto bíblico ou citar dunha fonte de información, fai preguntas con tacto ou ilustra a idea que queres destacar para axudar ós presentes a chegar á súa propia conclusión.