Hebreos 8:1

EN QUE CONSISTE? Axudar ós presentes a seguir o fío do discurso e explicar como se relaciona cada punto principal co tema e co obxectivo da información.

COMO LOGRALO?

  • Ten un obxectivo claro. Adapta o discurso segundo o seu obxectivo: informar, convencer ou motivar os presentes. Asegúrate de que tódolos puntos clave che axuden a conseguir ese obxectivo.

  • Destaca o título do discurso. Ó longo do discurso, fai referencia ó título repetindo algunhas das súas palabras clave ou usando sinónimos.

  • Selecciona puntos principais claros e sinxelos. Escolle como puntos principais só aqueles relacionados co tema que poidas explicar ben no tempo asignado. Evita ter moitos puntos principais e destaca cada un deles. Fai unha pausa despois de cada punto e introduce o seguinte de xeito natural.