Isaías 48:17

EN QUE CONSISTE? Axudar ós presentes a ver como lles afecta a información e explicar como poden poñer en práctica o que aprenden.

COMO LOGRALO?

  • Pensa no auditorio. Reflexiona nas razóns polas que os presentes precisan escoitar a información e pensa que partes lles poden ser máis útiles.

  • Mostra o valor práctico da información ó longo da intervención. O obxectivo é que, dende o comezo, cada persoa do auditorio pense: “Isto aplícame”. A medida que vaias explicando cada punto principal, mostra como poñelo en práctica. Sé específico.