1 Tesalonicenses 2:7, 8

EN QUE CONSISTE? Falar de xeito que demostre agarimo e verdadeiro interese polo auditorio.

COMO LOGRALO?

  • Pensa nos presentes. Cando te prepares, pensa nos problemas que afrontan. Trata de imaxinar como se senten.

  • Escolle ben as palabras. Intenta animar, consolar e fortalecer o auditorio. Evita usar expresións que poidan resultar ofensivas e non fales de xeito despectivo das persoas que non serven a Xehová nin das súas crenzas.

  • Demostra agarimo. Co teu ton de voz e mailos teus xestos, demostra que de verdade te preocupas polos presentes. Sé consciente das túas expresións faciais e sorrí a miúdo.