Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

A túa familia pode ser feliz

 SECCIÓN 2

Sé fiel ó teu cónxuxe

Sé fiel ó teu cónxuxe

“O que Deus uniu, que non o separe o home” (Marcos 10:9)

Xehová pide de nós que vexamos a fidelidade como algo moi importante no noso matrimonio (Miqueas 6:8). Por que? Porque sen fidelidade non hai confianza. E a confianza é fundamental para que medre o amor.

Hoxe en día a fidelidade no matrimonio está ameazada. Se queres protexer o teu matrimonio, tes que estar decidido a facer dúas cousas.

 1 DÁLLE PRIORIDADE Ó TEU MATRIMONIO

QUE DI A BIBLIA? “Mirade [...] como camiñades: non coma atolados senón coma sensatos” (Efesios 5:15, 16). O sensato é que esteas convencido de que o teu matrimonio é unha das cousas máis importantes da túa vida. Por iso, merece que lle deas prioridade.

Xehová quere que te centres na túa parella e que desfrutedes xuntos da vida (Eclesiastés 9:9). El deixa claro que non podes desatender ó teu cónxuxe, ambos deberiades buscar maneiras de facervos felices (1a Corintios 10:24). Fai que a túa parella se sinta querida e necesitada.

QUE PODES FACER?

  • Asegúrate de pasar tempo xuntos de maneira regular, dándolle á túa parella toda a túa atención.

  • Pensa que sodes dous, que non es ti só.

 2 PROTEXE O TEU CORAZÓN

QUE DI A BIBLIA? “Todo aquel que mira a unha muller casada con desexo, xa cometeu adulterio no seu corazón” (Mateo 5:28). Se alguén pensa a miúdo en cousas inmorais, en certo sentido está sendo infiel á súa parella.

Xehová sabe que necesitamos protexer o noso corazón (Proverbios 4:23; Mateo 15:19). Para conseguilo, vixía a onde se che van os ollos (Mateo 5:29, 30). Segue o exemplo de Xob, quen fixo un trato cos seus ollos para nunca mirar con desexo a outra muller que non fose a súa (Xob 31:1). Resólvete a non ver nunca pornografía, e a evitar calquera sentimento romántico por outra persoa que non sexa o teu cónxuxe.

QUE PODES FACER?

  • Fai que sexa evidente para os demais que o teu corazón é da túa parella.

  • Pensa nos sentimentos do teu cónxuxe, e pon fin decontado a calquera relación que faga que se sinta incómodo.