“Os preceptos estes, que eu che mando hoxe, estarán no teu corazón; inculcarásllelos ós teus fillos” (Deuteronomio 6:6, 7)

Cando Xehová creou a familia, encargoulles ós pais coidar dos fillos (Colosenses 3:20). Polo tanto, tedes a responsabilidade de educar ó voso fillo para que queira a Xehová e se convirta nun adulto responsable (2a Timoteo 1:5; 3:15). Tamén tedes que descubrir o que ten no seu corazón. Tede en conta que o voso exemplo é moi importante. Non hai mellor forma de ensinarlle a un fillo a Palabra de Deus que téndoa primeiro no voso corazón (Salmo 40:9 [40:8NM]).

 1 FAILLES DOADO ÓS TEUS FILLOS FALAR CONTIGO

QUE DI A BIBLIA? “Que todo home sexa espilido para escoitar, calmo para falar” (Santiago 1:19). Para que o teu fillo se sinta cómodo falando contigo, ten que ver que estás disposto a escoitarlle sempre que necesite contarche algo. Se creas un ambiente calmo halle ser máis doado expresarse (Santiago 3:18). Pero se pensa que serás duro ou crítico, seguramente non falará con total sinceridade. Debes ser paciente con el e confirmarlle con frecuencia canto o queres (Mateo 3:17; 1a Pedro 1:22).

QUE PODES FACER?

  • Dálle prioridade a falar co teu fillo cando o necesite.

  • Fala con el a miúdo, non só cando haxa problemas.

2 INTENTA VER MÁIS ALÁ DAS PALABRAS

QUE DI A BIBLIA? “O que as colle ó vó, medra” (Proverbios 16:20). Moitas veces terás que ver máis alá das palabras dos teus fillos para entender o que de verdade teñen no corazón. É moi común que os mozos exaxeren ou digan cousas que non senten. “Quen responde unha cuestión antes de escoitar, conseguirá fatuidade e mais vergonza” (Proverbios 18:13). Así que “non te alporices axiña” (Eclesiastés 7:9).

QUE PODES FACER?

  • Decídete a non interrumpir ou reaccionar de xeito exaxerado, sen importar o que che diga o teu fillo.

  • Lembra como eras á súa idade: Como te sentías? Que cousas eran importantes para ti?

 3 QUE OS VOSOS FILLOS VEXAN QUE ESTADES UNIDOS

QUE DI A BIBLIA? “Filliño, escoita a instrucción de teu pai e non refúgue-lo ensino de túa nai” (Proverbios 1:8). Xehová deu autoridade sobre os fillos tanto ó pai como á nai. Polo tanto, tedes que ensinarlles ós vosos rapaces a respectarvos e obedecervos (Efesios 6:1-3). Os fillos decataranse se tedes “divisións entre vós” (1a Corintios 1:10). Se non estades de acordo en algo, é mellor que o faledes en privado para que non vos perdan o respecto.

QUE PODES FACER?

  • Falade e chegade a un acordo sobre como ides corrixir ós vosos fillos.

  • Se tes unha opinión diferente á da túa parella sobre como educar ós rapaces, esfórzate por comprender o seu punto de vista.

 4 SEGUIDE UN PLAN

QUE DI A BIBLIA? “Afai ó mozo ó seu vieiro” (Proverbios 22:6). Educar ben ós fillos non non é cousa da casualidade. Necesitades seguir un plan que inclúa corrixilos (Salmo 127:4; Proverbios 29:17). Pero corrixir non só quere dicir castigar, senón axudalos a entender o por que das regras que lles poñedes (Proverbios 28:7). Ensinádelles tamén a amar a Palabra de Deus e comprender os seus principios (Salmo 1:2). Isto axudaraos a ter unha conciencia ben adestrada (Hebreos 5:14).

QUE PODES FACER?

  • Asegúrate de que o teu fillo ve a Deus como unha persoa real en quen pode confiar.

  • Axúdao a que se decate dos perigos morais e os evite, como os que pode atopar en internet ou nas redes sociais. Ensínao a protexerse dos pederastas.

“Afai ó mozo ó seu vieiro”