Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

A túa familia pode ser feliz

 SECCIÓN 4

Como administrar os cartos?

Como administrar os cartos?

“Os proxectos asegúranse no consello” (Proverbios 20:18)

É evidente que os cartos son necesarios para que a familia teña o que precisa (Proverbios 30:8). Por iso a Biblia sinala que “o diñeiro concede todo” (Eclesiastés 10:19). Poida que ás veces sexa difícil falar dos cartos coa túa parella, pero non deixes que esta clase de asuntos causen problemas no matrimonio (Efesios 4:32). Deberiades confiar un no outro ó decidir como gastaredes o diñeiro.

 1 FACEDE UN BO PRESUPOSTO

QUE DI A BIBLIA? “¿Quen de vós, querendo construír unha torre, non se para a pensar no presuposto, a ver se a pode rematar?” (Lucas 14:28). É fundamental que fagades un presuposto xuntos (Amós 3:3). Decidide que é o que necesitades mercar e canto vos podedes gastar (Proverbios 31:16). Ter o diñeiro para comprar algo non quere dicir que debades mercalo. Evitade as débedas, non gastedes cartos que non teñades (Proverbios 21:5; 22:7).

QUE PODES FACER?

  • Se vos sobra diñeiro a fin de mes, decidide xuntos que faredes con el.

  • Se gastades máis do que gañades, pensade en como reducir os gastos. Por exemplo, tratade de almorzar na casa en vez de facelo fóra.

 2 SEDE HONESTOS E REALISTAS

QUE DI A BIBLIA? “Rexeitade a mentira e dígalle cadaquén a verdade ó seu próximo, porque somos membros uns dos outros” (Efesios 4:25). Falade con franqueza dos ingresos e gastos de cada un.

Ten en conta sempre á túa parella antes de tomar decisións importantes sobre a economía familiar (Proverbios 13:10). Falar dos cartos abertamente axudaravos a manter a paz no matrimonio. Pensade que o diñeiro que entra na casa é da familia, non só de quen o gaña (1a Timoteo 5:8).

QUE PODES FACER?

  • Acordade a cantidade de diñeiro que cada un poderá gastar sen preguntarlle ó outro.

  • Non agardedes a que aparezan problemas para falar dos cartos.