Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Escoita a Deus e vivirás para sempre

 PARTE 3

Como era a vida no Paraíso?

Como era a vida no Paraíso?

Xehová deulles a Adam e Eva todo canto precisaban (Xénese 1:28)

Xehová creou á primeira muller, Eva, que foi a esposa de Adam (Xénese 2:21, 22).

Xehová creounos con mentes e corpos perfectos, sen defectos.

O seu fogar era o Paraíso de Edén, un fermoso xardín cheo de árbores froiteiras e animais.

Xehová falaba con eles e aprendíalles cousas novas. Se lle escoitaban, gozarían para sempre do Paraíso na Terra.

 Deus díxolles que non comeran dunha das árbores (Xénese 2:16, 17)

Xehová amosoulles a Adam e Eva unha árbore no xardín da que non debían comer. Se o facían, morrerían.

Un dos anxos rebelouse contra Deus. O seu nome é Satán.

Satán non quería que Adam e Eva obedeceran a Xehová. Por iso, usando unha serpe, foille co conto a Eva de que se comía do froito da árbore non morrería, senón que sería coma Deus. Por suposto, era todo mentira (Xénese 3:1-5).