Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Escoita a Deus e vivirás para sempre

 PARTE 8

Por que morreu Xesús por nós?

Por que morreu Xesús por nós?

Xesús morreu para que poidamos vivir para sempre (Xoán 3:16)

Tres días despois da súa morte, algunhas mulleres foron visitar a tumba de Xesús e atopárona vacía. Xehová resucitara a Xesús de entre os mortos.

Máis tarde, Xesús aparecéuselles ós seus apóstolos.

Xehová fixo que Xesús volvese á vida, non cun corpo de home, senón cun corpo espiritual, inmortal e moi poderoso. Os seus discípulos viron cómo subía ó ceo.

 Deus resucitou a Xesús e nomeuno Rei do Seu Reino (Daniel 7:13, 14)

Xesús entregou a súa vida para rescatar á humanidade do pecado e da morte (Mateo 20:28). Deste xeito, Deus pode darnos a oportunidade de vivir para sempre.

Xehová nomeou Rei a Xesús para que goberne a Terra. Con el haberá 144.000 persoas fieis resucitadas para vivir no ceo. Estas persoas e mais Xesús formarán un goberno xusto, o Reino de Deus (Apocalipse 14:1-3).

O Reino de Deus convertirá a Terra nun paraíso. Xa non haberá máis miseria, fame, delincuencia ou guerras. Seremos felices de verdade (Salmo 145:16).