Nos tempos de Noé a maioría da xente facía cousas malas (Xénese 6:5)

Adam e Eva tiveron fillos e, andando o tempo, a Terra foise enchendo de xente. Tempo despois, algúns anxos uníronse á rebelión de Satán.

Estes anxos viñeron á Terra e tomaron forma de homes para casar coas mulleres. Os fillos sobrehumanos que tiveron eran violentos e moi fortes.

Había xente facendo mal por todas partes. A Biblia di: “A maldade dos homes medraba na terra e (...) tódolos seus pensamentos eran só para o mal.”

 Noé escoitou a Deus e construiu a arca (Xénese 6:13, 14, 18, 19, 22)

Noé era un home bo. Xehová díxolle que enviaría un diluvio para acabar con toda a xente malvada.

Ademais, mandoulle facer a arca, que era un barco enorme. Serviría para meter dentro á súa familia e animais de tódalas especies.

Aínda que Noé avisou que pronto chegaría o Diluvio, ninguén o escoitou. De feito, burlábanse del e o desprezaban.

Cando Noé rematou a arca, entrou nela coa súa familia e meteu dentro os animais.