Os problemas actuais demostran que o Reino de Deus pronto actuará (Lucas 21:10, 11; 2 Timoteo 3:1-5)

A Biblia predeciu moitos dos problemas actuais. Por exemplo, dixo que as persoas só vivirían para os cartos e as diversións, que serían violentas e desobedientes ós seus pais.

Habería fame, epidemias, terremotos, e guerras. Non é isto o que vemos hoxe en día?

Xesús profetizou que, ademais, se predicarían as boas novas do Reino de Deus por toda a terra (Mateo 24:14).

 O Reino de Deus acabará coa maldade (2 Pedro 3:13)

Pronto Xehová destruirá a quen lle desobedeza.

Castigará a Satán e ós seus demos.

Os que se escoiten a Deus sobrevivirán e gozarán dun mundo novo, onde poderán vivir libres de calquera medo e confiar nos demais.