Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Escoita a Deus e vivirás para sempre

 PARTE 4

Escoitaron a Satán. Con que resultado?

Escoitaron a Satán. Con que resultado?

Adam e Eva desobedeceron a Deus e por iso morreron (Xénese 3:6, 23)

Eva fíxolle caso á serpe e comeu do froito. Despois levoullo a Adam, que tamén comeu del.

O que fixeron estivo mal, foi un pecado. Por iso, Deus botounos do Paraíso.

A vida tornouse moi difícil para eles e os seus fillos. Fixéronse vellos e morreron. Non seguiron vivindo como espíritos, senón que deixaron de existir.

 Cando morremos deixamos de existir, volvémonos po (Xénese 3:19)

Todos morremos porque somos fillos de Adam e Eva. Os mortos nin ven nin oen, non poden facer nada (Eclesiastés 9:5, 6, 10).

Xehová non quería que a xente morrera. Pronto lles devolverá a vida ós defuntos. Se lle obedecen vivirán para sempre.