Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Que ensina realmente a Biblia?

É isto o que Deus quería?

É isto o que Deus quería?

CANDO les o periódico, ves a televisión ou escoitas a radio, non hai máis que noticias de crimes, guerras e terrorismo. Agora pensa nos teus propios problemas. Quizais unha enfermidade ou a morte dun ser querido estache a causar moito desacougo. Seguramente te sentes coma Xob, un bo home que dixo que non tiña “sosego nin acougo” (Xob 3:26).

Poida que te preguntes:

  • Era isto o que Deus quería para min e o resto da humanidade?

  • Onde podo atopar axuda para afrontar os meus problemas?

  • Hai algunha esperanza de que vexamos paz na Terra?

A Biblia ofrece respostas satisfactorias a todas estas preguntas.

 A BIBLIA ENSINA QUE DEUS FARÁ TODOS ESTES CAMBIOS NA TERRA

“Enxugará tódalas bágoas dos seus ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor” (Apocalipse 21:4)

“O coxo saltará coma un corzo” (Isaías 35:6)

“Abriranse os ollos dos cegos” (Isaías 35:5)

 “Tódolos que están nos sepulcros [...] sairán” (Xoán 5:28, 29)

“Quen alí reside non dirá: ‘Estou impedido’” (Isaías 33:24)

“Abundará o trigo nos campos” (Salmo 72:16)

 BENEFÍCIATE DO QUE ENSINA A BIBLIA

Non chegues á conclusión de que o mencionado nas páxinas anteriores é un conto. Deus asegúranos que cumprirá estas promesas, e a Biblia explica como o fará.

Pero a Biblia tamén é beneficiosa noutro sentido. Dános a axuda que precisamos para desfrutar dunha vida satisfactoria xa dende agora. Pensa un momento en tódalas túas preocupacións e problemas. Poida que che falten os cartos, teñas problemas familiares, padezas algunha enfermidade, ou morrese algún dos teus. A Biblia pode axudarte con todos estes problemas, e darche acougo contestando preguntas coma estas:

  • Por que sufrimos?

  • Como podemos facer fronte ós problemas da vida?

  • Como podemos ter unha vida familiar máis feliz?

  • Que ocorre cando morremos?

  • Veremos de novo os nosos seres queridos que morreron?

  • Como podemos estar seguros de que Deus cumprirá as súas promesas?

 O feito de que esteas a ler este manual é proba de que che gustaría saber o que ensina a Biblia. Este libro axudarache a conseguilo. Fíxate en que cada un dos parágrafos ten cadansúas preguntas. Millóns de persoas por todo o mundo desfrutan de estudar a Biblia coas testemuñas de Xehová grazas a este método de preguntas e respostas, e esperamos que ese tamén sexa o teu caso. Que Deus te bendiga na emocionante e gratificante experiencia de aprender o que realmente ensina a Biblia.