1. Que é o Reino de Deus?

Que fai de Xesús o mellor rei? (MARCOS 1:40-42)

O Reino de Deus é un goberno que rexe dende o ceo. Ocupará o lugar de tódolos outros gobernos e conseguirá que se cumpra a vontade de Deus no ceo e na terra. Non é esta unha boa noticia? Moi pronto o Reino de Deus satisfará a necesidade humana dun bo goberno. De feito, logrará que toda a humanidade estea unida. Le Daniel 2:44; Mateo 6:9, 10; 24:14.

Todo reino debe ter un rei, e Xehová nomeou a Xesucristo rei do Seu Reino. Le Apocalipse 11:15.

Ver o vídeo Que é o Reino de Deus?

2. Por que é Xesús o mellor rei?

O fillo de Deus é o rei ideal porque sempre actúa con bondade e defende o que é xusto (Mateo 11:28-30). Ademais, ten o poder necesario para axudar á xente, e usarao cando goberne a terra dende o ceo. Despois de ser resucitado, ascendeu ó ceo e sentou á dereita de Deus esperando recibir autoridade para comezar a gobernar (Hebreos 10:12, 13). Finalmente, Deus concedeulle esa autoridade. Le Daniel 7:13, 14.

3. Gobernará alguén máis con Xesús?

Un grupo de persoas que a Biblia chama os santos gobernará con Xesús dende o ceo (Daniel 7:27). Os apóstolos fieis de Xesús foron os primeiros destes santos. Dende entón, Xehová seguiu escollendo ata os nosos días homes e mulleres fieis para que sexan santos. O mesmo que Xesús, son resucitados cun corpo espiritual. Le Xoán 14:1-3; 1Corintios 15:42-44.

 Canta xente vai ó ceo? Xesús dixo que serían un grupo reducido; chamoulles “grea pequena” (Lucas 12:32). Segundo a Biblia, só 144.000 persoas gobernarán a terra con Xesús. Le Apocalipse 14:1.

4. Que ocorreu cando Xesús comezou a reinar?

O Reino de Deus comezou a gobernar en 1914. * O primeiro que fixo Xesús como rei foi botar do ceo a Satán e os seus demos e mandalos á terra. Como resultado, Satán baixou adoecido e púxose a causar moitos problemas por todo o mundo (Apocalipse 12:7-10, 12). Dende entón, os males da humanidade non fixeron máis que aumentar dun xeito dramático. Guerras, fames, epidemias, terremotos... todo é parte dun “signo”, ou sinal, que indica que o Reino pronto tomará o control da Terra. Le Lucas 21:7, 10, 11, 31.

5. Que conseguirá o Reino de Deus?

Grazas a unha obra de predicación mundial, o Reino de Deus está a xuntar millóns de persoas mansas de tódalas nacións para que sexan súbditos dese Reino, con Xesús como rei. O Reino de Deus salvaraos da destrución do malvado mundo actual. Polo tanto, tódolos que queiran beneficiarse do Reino de Deus deben aprender a ser súbditos obedientes deste goberno. Le Apocalipse 7:9, 14, 16, 17.

Durante mil anos o Reino levará a termo o propósito orixinal de Deus para a humanidade. A Terra será un paraíso. Por último, Xesús devolverá o Reino ó seu Pai (1Corintios 15:24-26). Gustaríache falarlle do Reino de Deus a alguén que coñezas? Le Salmo 37:10, 11, 29.

 

^ par.6 Para saber máis de como a Biblia predixo o ano 1914, consulta as páxinas 215-218 do libro Que ensina realmente a Biblia?