Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Deus ten boas noticias!

 LECCIÓN 3

De verdade as boas noticias da Biblia proceden de Deus?

De verdade as boas noticias da Biblia proceden de Deus?

1. Quen é o autor da Biblia?

Na Biblia atopamos a boa noticia de que a xente vivirá para sempre na terra (Salmo 37:29). A Biblia está composta por 66 libros escritos por uns corenta homes guiados por Deus. Hai uns 3500 anos Moisés escribiu os primeiros cinco libros, e hai uns 1900 o apóstolo Xoán escribiu o último. De quen son as ideas que rexistraron os escritores da Biblia? Deus comunicábase con eles usando o seu espírito santo (2Samuel 23:2). Así que non escribiron os seus pensamentos, senón os de Deus. Por iso podemos dicir que Xehová é o autor da Biblia. Le 2Timoteo 3:16; 2Pedro 1:20, 21.

2. Como podemos saber se a Biblia di a verdade?

Sabemos que a Biblia procede de Deus porque predice o futuro con total exactitude, cousa que ningún home podería facer (Xosué 23:14). Soamente o Deus Todopoderoso pode prever o futuro da humanidade. Le Isaías 42:9; 46:10.

Tal e como esperariamos dun libro que procede de Deus, a Biblia é única. Lévanse distribuído miles de millóns de exemplares en centos de linguas. Sendo un libro tan antigo, a Biblia é exacta cando fala de ciencia. Escribírona uns corenta homes e non se contradicen. * Aínda máis, o amor divino que emana das súas páxinas ten o poder de mellorar a vida da xente. Estes feitos convencen a millóns de persoas de que a Biblia é a Palabra de Deus. Le 1Tesalonicenses 2:13.

 3. De que trata a Biblia?

O tema principal da Biblia é o marabilloso propósito que Deus ten para a humanidade. Non é unha boa noticia? As Escrituras explican como ó principio da historia humana o home perdeu o privilexio de vivir no paraíso na terra, e como este será restaurado. Le Apocalipse 21:4, 5.

A Palabra de Deus tamén contén leis, principios e consellos. Ademais, nela atopamos exemplos da relación de Deus cos homes que nos permiten saber como pensa e actúa. Deste xeito, a Biblia axúdanos a coñecelo. Incluso nos explica como podemos chegar a ser os seus amigos. Le Salmo 19:8, 12 (19:7, 11, NM); Santiago 2:23; 4:8.

4. Como podes entender o que di a Biblia?

Para axudarte a entender a Biblia, este folleto emprega o mesmo método que utilizou Xesús. El citaba pasaxes da Biblia e despois explicaba o seu significado. Le Lucas 24:27, 45.

Hai poucas cousas tan interesantes como as boas noticias de Deus. Aínda así, a algúns sonlles indiferentes e mesmo hai a quen lle molestan. Non deixes que isto te desanime; a túa esperanza de vivir para sempre depende de que chegues a coñecer a Deus. Le Xoán 17:3.

 

^ par.3 Ver o folleto Un libro para todo el mundo (dispoñible en español).