Nesta sección aprenderemos de mozos, profetas e reis que demostraron ter moita fe en Xehová. En Siria, unha nena israelita tivo fe en que o profeta de Xehová podía curar a Naamán. O profeta Eliseo confiou plenamente en que Xehová o protexería do exército inimigo. O sumo sacerdote Iehoiadá arriscou a súa vida para protexer o pequeno Ioax da súa malvada avoa Atalía. O rei Ezequías confiou en que Xehová rescataría a Xerusalén, e non cedeu ante as ameazas dos asirios. O rei Ioxías acabou coa idolatría do país, restaurou o templo e guiou o pobo á adoración verdadeira.