Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Aprendamos das historias da Biblia

 CAPÍTULO 30

Rahab esconde os espías

Rahab esconde os espías

Cando os dous espías israelitas chegaron á cidade de Iericó, hospedáronse na casa dunha muller que se chamaba Rahab. Cando o rei de Iericó soubo que andaban por alí, enviou uns soldados á casa de Rahab. Ela escondeu os espías no tellado e mandou os soldados noutra dirección. Díxolles ós espías: “Axudareivos porque sei que Xehová está da vosa parte e que ides conquistar o país. Por favor, prometédeme que salvaredes a miña familia”.

Os espías contestáronlle: “Prometemos non facerlle dano a ninguén que estea na túa casa. Pon esta cinta vermella na fiestra e a túa familia estará a salvo”.

Rahab axudou ós espías a baixar por unha corda que puxo na fiestra. Eles fóronse esconder nas montañas durante tres días antes de volver onda Xosué. Entón, os israelitas cruzaron o río Xordán e preparáronse para conquistar a terra.  A primeira cidade que conquistaron foi Iericó. Xehová mandoulles dar unha volta arredor da cidade unha vez ó día durante seis días. O sétimo día deron sete voltas. Os sacerdotes tocaron as súas trompetas e os soldados berraron tan forte como puideron. De súpeto, os muros da cidade comezaron a derrubarse! Pero a casa de Rahab, que estaba no muro, quedou en pé. Rahab e maila súa familia salváronse porque ela confiou en Xehová.

Con respecto a Rahab, “¿seica non a xustificaron os feitos, cando recibiu os mensaxeiros e os encamiñou logo por outros carreiros?” (Santiago 2:25)