Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Aprendamos das historias da Biblia

 CAPÍTULO 13

Xacob e Esaú fan as paces

Xacob e Esaú fan as paces

Xehová prometeulle a Xacob que o protexería igual que a Abraham e a Isaac. Xacob foi vivir a un sitio que se chamaba Harán e alí casou. Tivo moita familia e fíxose moi rico.

Co tempo, Xehová díxolle: “Volve á terra onde naciches”. Así que Xacob e maila súa familia comezaron aquela longa viaxe de volta. Polo camiño dixéronlle a Xacob: “O teu irmán Esaú vén cara a aquí con catrocentos homes!”. Como Xacob tiña medo de que Esaú lle quixese facer dano a el ou á súa familia, oroulle a Xehová: “Por favor, Xehová, protéxeme de meu irmán”. O día seguinte, Xacob mandoulle a Esaú como regalo moitas ovellas, cabras, vacas, camelos e burros.

Aquela mesma noite, cando estaba só, Xacob viu un anxo! O anxo comezou a pelexar con el e botaron toda a noite loitando. Aínda que estaba ferido, Xacob non se rendeu. O anxo díxolle: “Déixame marchar”. Pero Xacob respondeu: “Non te vou deixar marchar ata que me bendigas”.

Ó final, o anxo bendiciuno. Nese momento Xacob soubo que Xehová non permitiría que Esaú lle fixese dano.

Esa mesma mañá Xacob viu de lonxe a Esaú e mailos catrocentos homes. Foi cara a eles axeonllándose e inclinándose sete veces. Entón, Esaú correu ó encontro  de Xacob e abrazouse a el. Os dous irmáns botáronse a chorar e fixeron as paces. Que cres que pensaría Xehová do xeito en que Xacob resolveu este problema?

Despois cada un volveu para a súa casa. Xacob tivo doce fillos en total. Chamábanse Rubén, Simeón, Leví, Xudá, Dan, Naftalí, Gad, Axer, Isacar, Zebulón, Xosé e Benxamín. Xehová salvaría o seu pobo mediante un destes fillos: Xosé. Sabes como? Imos descubrilo!

“Amade os vosos inimigos, e pregade polos que vos perseguen. Así seredes fillos de voso Pai que está no ceo” (Mateo 5:44, 45)