Ir ó contido

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

 CAPÍTULO 7

A Torre de Babel

A Torre de Babel

Despois do Diluvio, os fillos de Noé tiveron moitos nenos. As súas familias foron crecendo e espallándose pola terra, tal e como Xehová lles dixera.

Pero houbo xente que non obedeceu a Xehová. Dixeron: “Imos construír unha cidade para quedar a vivir aquí. Fagamos unha torre tan alta que chegue ó ceo. Así seremos famosos”.

 A Xehová non lle gustaba nadiña o que estaban a facer, así que decidiu impedirlles que seguisen. Sabes como o conseguiu? Fixo que de súpeto falasen idiomas diferentes. Como xa non se entendían entre eles, non puideron seguir coas obras. A cidade que estiveran construíndo chamouse Babel, que significa “confusión”. A xente foi marchando de alí e foron vivir a distintos lugares da terra. Pero alí onde ían, seguían a facer cousas malas. Habería alguén que aínda quixese a Xehová? Descubrirémolo no próximo capítulo.

“A todo o que se teña por moito rebaixarano e a todo o que se rebaixe enaltecerano” (Lucas 18:14)