Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Aprendamos das historias da Biblia

 CAPÍTULO 10

Lémbrate da muller de Lot

Lémbrate da muller de Lot

Lot vivía co seu tío Abraham na terra de Canaán. Co tempo, Abraham e Lot chegaron a ter tantos animais que non había terra dabondo para todos. Entón, Abraham díxolle a Lot: “Xa non podemos seguir vivindo aquí todos xuntos. Escolle en que parte che gustaría vivir, e eu irei para outro lado”. Verdade que Abraham demostrou que non era unha persoa egoísta?

A Lot gustoulle moito unha zona onde había moita auga e herba verde, preto dunha cidade chamada Sodoma. Así que decidiu ir vivir alí coa súa familia.

As persoas que vivían en Sodoma e na cidade veciña, Gomorra, eran moi malas. Eran tan malas que Xehová decidiu destruír as dúas cidades. Pero como quería salvar a Lot e a súa familia, mandou dous anxos para avisalos: “Axiña! Marchade desta cidade! Xehová vaina destruír!”.

Lot non se foi decontado. Como non daba marchado, os anxos agarráronos da man a el, a súa muller e as dúas fillas, e sacáronos fóra da cidade, dicíndolles: “Correde! Escapade para salvar a vida e non miredes atrás. Se mirades atrás, morreredes!”.

Cando chegaron a unha cidade chamada Soar, Xehová fixo chover xofre e lume sobre Sodoma e Gomorra. As dúas cidades quedaron completamente destruídas. A muller de Lot  desobedeceu a Xehová e mirou cara atrás. Entón, transformouse nunha estatua de sal! Pero Lot e mailas súas fillas salváronse porque obedeceron a Xehová. Seguro que se puxeron tristes porque a muller de Lot desobedecera, pero ó mesmo tempo estaban contentos por facer o que Xehová lles mandara.

“Que vos acorde o caso da muller de Lot” (Lucas 17:32)