Cerca de Babel había unha cidade que se chamaba Ur. Alí a xente adoraba moitos outros deuses diferentes a Xehová. Pero había un home que só adoraba a Xehová. Chamábase Abraham.

Xehová díxolle a Abraham: “Deixa a túa casa e os teus parentes, e vai á terra que che mostrarei”. Entón prometeulle: “Farei de ti unha nación grande, e por medio de ti traerei cousas boas para a xente de toda a terra”.

Abraham non sabía onde o mandaría ir Xehová, pero confiou nel. Así que Abraham, a súa muller Sara, o seu pai Térah e o seu sobriño Lot obedeceron a Xehová. Colleron as súas cousas e comezaron aquela longa viaxe.

 Abraham tiña 75 anos cando el e maila súa familia chegaron á terra que Xehová quería mostrarlles. Aquela terra chamábase Canaán. Alí, Deus falou con Abraham e fíxolle a seguinte promesa: “Voulle dar ós teus fillos toda a terra que estás a ver”. Pero Abraham e Sara eran vellos e non tiñan fillos. Como se cumpriría aquela promesa?

Abraham, “movido pola fe, obedeceuno, saíndo para un lugar que había de recibir en posesión, aínda que saíu sen saber onde ía” (Hebreos 11:8)