Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Aprendamos das historias da Biblia

Introdución á sección 3

Introdución á sección 3

A Biblia fala de moi poucas persoas que servisen a Xehová nos anos posteriores ó Diluvio. Entre elas está Abraham, coñecido por ser amigo de Xehová. Por que di a Biblia que era amigo de Xehová? Se tes fillos, axúdalles a entender que Xehová se interesa por eles persoalmente e quere axudalos. Igual que fixeron Abraham e outros servos fieis, como Lot e Xacob, nós tamén podemos pedirlle a Xehová que nos axude. Podemos estar seguros de que El sempre cumprirá as súas promesas.

NESTA SECCIÓN

CAPÍTULO 7

A Torre de Babel

Un grupo de persoas decidiu construír unha cidade e mais unha torre que chegase ós ceos. Por que fixo Xehová que de súpeto falasen distintos idiomas?

CAPÍTULO 8

Abraham e Sara obedecen a Deus

Que levou a Abraham e Sara a deixar a súa vida cómoda en Ur para vivir como nómades na terra de Canaán?

CAPÍTULO 9

Abraham e Sara teñen un fillo

Como se cumpriría a promesa que Deus lle fixera a Abraham? Faríase realidade mediante Isaac ou mediante Ismael?

CAPÍTULO 10

Lémbrate da muller de Lot

Deus fixo chover xofre e lume sobre Sodoma e Gomorra. Por que destruíu estas cidades? Por que debemos recordar o que lle pasou á muller de Lot?

CAPÍTULO 11

Unha proba de fe

Deus díxolle a Abraham: “Por favor, ofréceme o teu único fillo como sacrificio nunha montaña da terra de Moriah”. Como afrontaría Abraham esta proba de fe?

CAPÍTULO 12

Xacob recibe a herdanza

Isaac e Rebeca tiñan dous fillos xemelgos, Esaú e Xacob. Esaú tiña dereito a unha herdanza especial por nacer o primeiro. Por que a rexeitou a cambio dun prato de comida?

CAPÍTULO 13

Xacob e Esaú fan as paces

Que fixo Xacob para recibir a bendición dun anxo? Como fixo as paces co seu irmán Esaú?