Despois de marchar do xardín de Edén, Adam e Eva tiveron moitos fillos. O primeiro chamábase Caín e era labrego, é dicir, cultivaba a terra. O segundo chamábase Abel e era pastor.

Un día, Caín e Abel fixéronlle ofrendas a Xehová. Sabes o que é unha ofrenda? É un regalo especial que se lle fai a Deus. Xehová púxose moi contento coa ofrenda de Abel, pero non lle gustou a de Caín. Entón Caín enfadouse moito. Xehová avisouno de que o seu enfado podía levalo a facer algo malo. Pero Caín non lle fixo caso ningún.

En troques, Caín díxolle a Abel: “Ven comigo a dar unha volta polo campo”. E cando estiveron os dous sós,  Caín matou a seu irmán Abel. Que faría Xehová? Castigou a Caín. Mandouno lonxe da súa familia e nunca máis lle deixou volver.

Podemos aprender algunha lección deste relato? Si. Verdade que ás veces nos enfadamos cando as cousas non son como nos gustarían? Se notamos que cada vez estamos máis enfadados, ou outra persoa se dá de conta e nolo di, debemos controlar as nosas emocións antes de que elas nos controlen a nós.

Abel quería moito a Xehová e facía o que estaba ben. Por iso Xehová sempre o recordará. Cando faga da terra un paraíso, devolveralle a vida a Abel.

“Vaite primeiro reconciliar co teu irmán, e logo volve a presenta-la túa ofrenda” (Mateo 5:24)