Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Aprendamos das historias da Biblia

 CAPÍTULO 93

Xesús volve ó ceo

Xesús volve ó ceo

Xesús xuntouse cos seus seguidores en Galilea. Entón mandoulles algo moi importante: “Ide e facede discípulos de xente de tódolos pobos. Ensinádelles as cousas que eu vos ensinei, e bautizádeos”. Logo, prometeulles: “Lembrade, eu sempre estarei con vós”.

Despois de resucitar, Xesús aparecéuselles a centos dos seus discípulos en Galilea e Xerusalén por corenta días. Ensinoulles cousas moi importantes e fixo moitos milagres. Despois, aparecéuselles ós seus discípulos por última vez no Monte das Oliveiras. Díxolles: “Non marchedes de Xerusalén. Agardade polo que o Pai prometeu”.

Ó principio, os apóstolos non entenderon o que Xesús quería dicir, e preguntáronlle: “É agora cando vas ser o rei de Israel?”. El contestou: “Aínda non chegou o momento elixido por Xehová para que eu sexa rei. Pero pronto recibiredes a axuda do espírito santo e seredes as miñas testemuñas. Ide e predicade en Xerusalén, Xudea, Samaría e ata os confíns da terra”.

Entón, Xesús elevouse cara ó ceo ata que unha nube o tapou. Os discípulos seguiron mirando para arriba, pero Xesús xa desaparecera.

Despois marcharon do Monte das Oliveiras e foron a Xerusalén. Alí tiñan o costume de reunirse nunha habitación e orar. Esperaban a que Xesús lles dese máis instrucións.

“Proclamarase esta Boa Nova do Reino en todas partes para dar testemuño a tódolos pobos. Entón será a fin” (Mateo 24:14)