Ir ó contido

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

 CAPÍTULO 89

Pedro nega coñecer a Xesús

Pedro nega coñecer a Xesús

Mentres aínda estaban no cuarto onde celebraran a Última Cea, Xesús díxolles: “Esta noite todos me abandonaredes”. Entón Pedro contestou: “Eu non! Aínda que todos te deixen, eu nunca te abandonarei”. Pero Xesús respondeulle: “Antes de que cante o galo, negarás tres veces que me coñeces”.

A maioría dos apóstolos xa fuxira cando levaron a Xesús á casa de Caifás. Pero dous seguírono entre a xente ata o patio da casa. Un deles era Pedro. Mentres se quentaba ó carón do lume, unha criada viulle a cara e díxolle: “Eu coñézote! Ti andabas con Xesús!”.

Pedro respondeu: “Non, non era eu! Non sei de que me falas”. Entón foi cara á porta. Logo viuno outra criada e dixo diante de todos: “Este home estaba con Xesús!”. Pedro contestou: “Se nin o coñezo!”. E un home dixo: “Si, ti es un deles! Nótaseche polo acento que es de Galilea, coma Xesús”. Pero Pedro xurou: “Que non o coñezo!”.

Xusto nese momento cantou un galo. Entón, Xesús virouse para mirar a Pedro. Cando Pedro o viu, recordou o que Xesús lle dixera e saíu para fóra a chorar sen acougo.

Mentres tanto, o Sanedrín acordou xulgar a Xesús na casa de Caifás. Xa decidiran matalo e agora estaban buscando unha razón para poder facelo. Pero non atopaban ningunha. Ó final Caifás preguntoulle: “Es ti o fillo de Deus?”. Xesús contestou: “Son”. E Caifás dixo: “Non necesitamos máis probas. Está insultando a Deus!”. O tribunal estivo de acordo e dixo: “Este home ten que morrer”. Despois colleron a Xesús,  déronlle de labazadas, cuspíronlle, tapáronlle os ollos e pegáronlle. Dicíanlle: “Se es profeta, cóntanos, quen che pegou?”.

Cando se fixo de día, levaron a Xesús á sala do Sanedrín e volvéronlle preguntar: “Es ti o fillo de Deus?”. Xesús contestou: “Vós mesmos o dixestes”. Entón, decidiron que era culpable de insultar a Deus e levárono ó pazo do gobernador romano Poncio Pilato. Que pasou despois? Vexamos.

Chegou a hora “en que vos espallaredes cada un pola súa banda, e a min deixarédesme só. Anque eu non estou só, pois está comigo o Pai” (Xoán 16:32)