Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Aprendamos das historias da Biblia

Introdución á sección 13

Introdución á sección 13

Xesús veu a terra para entregar a súa vida a favor de persoas imperfectas, e aínda que morreu, venceu o mundo. Xehová foi leal ó seu fillo e fixo que volvese vivir. Ata o momento da súa morte, Xesús serviu humildemente ós demais e perdoounos cando cometeron erros. Despois da súa resurrección, Xesús aparecéuselles ós seus discípulos e explicoulles como cumprir co importante traballo que lles dera. Se tes fillos, axúdalles a valorar a oportunidade que temos hoxe de participar nese mesmo traballo.

NESTA SECCIÓN

CAPÍTULO 87

A última cea de Xesús

Xesús deulles instrucións importantes ós seus apóstolos durante a última cea xuntos.

CAPÍTULO 88

Arrestan a Xesús

Xudas Iscariote encabezou un grupo de xente armada con espadas e paus para arrestar a Xesús.

CAPÍTULO 89

Pedro nega coñecer a Xesús

Que pasou no patio da casa de Caifás? Que lle pasou a Xesús dentro da casa?

CAPÍTULO 90

A morte de Xesús

Por que Pilato mandou matar a Xesús?

CAPÍTULO 91

A resurrección de Xesús

Que cousas impresionantes acontecen nos días seguintes á morte de Xesús?

CAPÍTULO 92

Xesús aparéceselles ós pescadores

Que fixo para chamar a súa atención?

CAPÍTULO 93

Xesús volve ó ceo

Antes de marchar, deulles ós seus discípulos instrucións moi importantes.