Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Aprendamos das historias da Biblia

 CAPÍTULO 76

Xesús limpa o templo

Xesús limpa o templo

Na primavera do ano 30, Xesús foi a Xerusalén. A cidade estaba chea de xente que fora alí para celebrar a Pascua. Durante a festa ofrecíanse animais no templo. Algúns levaban os seus da casa e outros comprábanos en Xerusalén.

Cando chegou ó templo, Xesús viu que alí había xente vendendo animais. Estaban facendo cartos na casa de adoración de Xehová! Xesús enfadouse moito. Fixo un látego cunhas cordas e botou fóra do templo todo o gando. Tiroulles coas mesas ós cambiadores de moedas e guindoulles os cartos polo chan. E ós que vendían pombas, díxolles:  “Sacade todo isto de aquí! Non fagades negocios na casa de meu Pai!”.

A xente que estaba alí quedou abraiada polo que fixera Xesús. Entón os seus discípulos recordaron unha profecía acerca do Mesías que dicía: “Sentirei moito respecto pola casa de Xehová”.

Uns tres anos despois, Xesús volveu limpar o templo. Estaba decidido a non deixar que ninguén tratase con falta de respecto a casa de seu Pai.

“Non podedes servir a Deus e mailo diñeiro” (Lucas 16:13)