Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Aprendamos das historias da Biblia

 CAPÍTULO 80

Xesús escolle os doce apóstolos

Xesús escolle os doce apóstolos

Despois de predicar arredor dun ano e medio, Xesús tivo que tomar unha decisión moi importante. A quen escollería para traballar ó seu carón e guiar a congregación cristiá? Como Xesús quería que Xehová lle axudase nesta importante decisión, foi a un monte onde podía estar só e oroulle durante toda a noite. Pola mañá, Xesús xuntou algúns dos seus discípulos e escolleu os seus doce apóstolos. Sabes o nome dalgún deles? Chamábanse Pedro, Andrés, Santiago, Xoán, Felipe, Bartolomeo, Tomé, Mateo, Santiago o fillo de Alfeo, Tadeo, Simón e Xudas Iscariote.

Andrés, Pedro, Felipe, Santiago

Os doce apóstolos viaxaban con Xesús. Primeiro ensinoulles como predicar e despois enviounos pola súa conta. Xehová deulles poder para expulsar demos e curar enfermos.

Xoán, Mateo, Bartolomeo, Tomé

Xesús confiaba nos doce e considerábaos seus amigos. Os fariseos pensaban que os apóstolos eran xente sen cultura, pero Xesús non os vía así. El ensinoulles o que necesitaban  saber para cumprir co seu traballo. Estarían con Xesús nos momentos máis importantes da súa vida, como antes da súa morte e despois da súa resurrección. A maioría deles eran de Galilea, coma Xesús, e mesmo algúns estaban casados.

Santiago o fillo de Alfeo, Xudas Iscariote, Tadeo, Simón

Os apóstolos eran imperfectos e cometían erros. Ás veces falaban antes de pensar e tomaban malas decisións. Outras veces eran impacientes. Ata discutían sobre quen deles era o máis importante. Pero eran persoas boas que amaban a Xehová. Eles serían os primeiros membros da congregación cristiá despois da morte de Xesús e terían un papel moi importante nela.

“A vós trateivos de amigos, pois todo o que lle oín a meu Pai déivolo a coñecer” (Xoán 15:15)