Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Aprendamos das historias da Biblia

 CAPÍTULO 74

Xesús convértese no Mesías

Xesús convértese no Mesías

Xoán estivera predicando: “Vai vir alguén moito maior ca min”. Cando Xesús tiña uns trinta anos, foi dende Galilea ata o río Xordán. Alí estaba Xoán bautizando as persoas. Xesús quería que Xoán o bautizase tamén a el, pero Xoán díxolle: “Eu non son quen de bautizarte. Deberías bautizarme ti a min”. Xesús respondeulle: “Xehová quere que me bautices”. Entón, metéronse no río Xordán e Xoán mergullou a Xesús na auga.

Despois de saír da auga, Xesús oroulle a Xehová. Nese momento, os ceos abríronse e o espírito de Deus baixou sobre el en forma de pomba. Logo, Xehová falou dende o ceo: “Ti es o meu fillo, o benquerido. Tes a miña aprobación”.

Cando Xesús recibiu o espírito santo, converteuse no Cristo, ou Mesías. Agora comezaría o traballo para o cal Xehová o enviara á terra.

Xusto despois do seu bautismo, Xesús foi ó deserto e pasou alí corenta días. Ó volver foi onda Xoán. Cando Xoán o viu, exclamou: “Velaí o Año de Deus! O que vai quitar o pecado do mundo!”. Dixo iso para axudar á xente a entender que Xesús era o Mesías. Sabes o que lle pasou a Xesús mentres estivo no deserto? Imos ver.

“Unha voz deixouse oír desde o ceo: ‘Ti e-lo meu fillo benquerido, o meu predilecto’” (Marcos 1:11)