Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Aprendamos das historias da Biblia

Introdución á sección 12

Introdución á sección 12

Xesús faloulles ás persoas sobre o Reino dos ceos. Ademais, ensinoulles a orar pola santificación do nome de Deus, para que viñese o Seu Reino, e para que se fixese a súa vontade na terra. Se tes fillos, explícalles o que significa esta oración para nós. Xesús foi leal a Xehová a pesar das tentacións do Demo. Elixiu os seus apóstolos, que foron os primeiros membros do Reino e terían un papel moi importante nel. Destaca a importancia que lle daba Xesús a adorar a Xehová. Como quería axudar a outros, curou enfermos, deu de comer ós famentos e ata resucitou mortos. Estes milagres foron unha mostra do que o Reino vai facer pola humanidade.

NESTA SECCIÓN

CAPÍTULO 74

Xesús convértese no Mesías

A que se referiu Xoán ó dicir que Xesús era o Año de Deus?

CAPÍTULO 75

O Demo tenta a Xesús

O Demo tentou a Xesús tres veces. Cales foron as tres tentacións? Que respondeu Xesús?

CAPÍTULO 76

Xesús limpa o templo

Por que botou Xesús os animais fóra do templo e lles tirou coas mesas ós cambiadores de moedas?

CAPÍTULO 77

Xesús fala cunha muller samaritana

Por que lle estrañou á muller samaritana que Xesús falase con ela? Xesús contoulle algo que nunca lle contara a ninguén.

CAPÍTULO 78

Xesús fala do Reino de Deus

Xesús invitou algúns dos seus discípulos a ser “pescadores de homes”. Máis tarde preparou setenta dos seus seguidores para ir predicar a mensaxe das boas novas.

CAPÍTULO 79

Xesús fai moitos milagres

Alí onde ía Xesús, os enfermos pedíanlle axuda e el curábaos. Ata resucitou unha nena pequena.

CAPÍTULO 80

Xesús escolle os doce apóstolos

Para que os escolleu? Recordas os seus nomes?

CAPÍTULO 81

O Sermón do Monte

Xesús ensinou leccións importantes a un grupo grande de persoas.

CAPÍTULO 82

Xesús ensina a orar

Que debían seguir pedindo os discípulos nas súas oracións?

CAPÍTULO 83

Xesús dá de comer a miles de persoas

Que nos ensina este milagre sobre Xesús e Xehová?

CAPÍTULO 84

Xesús camiña sobre a auga

Como pensas que se sentiron os apóstolos cando viron este milagre?

CAPÍTULO 85

Xesús cura un home en sábado

Por que se enfadan algúns polo que fai Xesús?

CAPÍTULO 86

Xesús resucita a Lázaro

Cando Xesús viu a María chorando, tamén empezou a chorar. Pero as súas bágoas pronto se tornaron en alegría.