Ir ó contido

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

 CAPÍTULO 73

Xoán prepara o camiño para o Mesías

Xoán prepara o camiño para o Mesías

Xoán era fillo de Zacarías e Isabel. Xehová nomeouno profeta e mandoulle anunciar que pronto chegaría o Mesías. Pero no canto de facelo nas sinagogas ou nas cidades, Xoán predicou no deserto. Persoas de Xerusalén e de toda Xudea viñan para aprender del. Ensinoulles que, para agradar a Deus, tiñan que deixar de facer cousas malas. Moitos dos que o escoitaron arrepentíronse dos seus erros e Xoán bautizounos no río Xordán.

Xoán levaba unha vida sinxela. Ía vestido con roupa feita de pel de camelo, e comía saltóns e mel silvestre. A xente quería saber máis acerca del. Ata os orgullosos fariseos e saduceos foron onda el. Xoán díxolles: “Tedes que cambiar e arrepentirvos. Non vos creades especiais só porque dicides que sodes fillos de Abraham. Iso non significa que sexades fillos de Deus”.

Moitos foron onda Xoán e preguntáronlle: “Que temos que facer para agradar a Deus?”. El respondeulles: “O que teña dous abrigos, que regale un deles a quen o necesite”. Sabes por que dixo iso? Porque quería que entendesen que, para agradar a Deus, tiñan que amar a tódalas persoas.

Xoán aconsellou a uns recadadores de impostos: “Sede legais e non enganedes a ninguén”. E a uns soldados díxolles: “Non aceptedes subornos nin digades mentiras”.

 Os sacerdotes e os levitas tamén foron onda Xoán e preguntáronlle: “Ti quen es? Todo o mundo quere sabelo”. Xoán respondeulles: “Eu son quen fala dende o deserto para axudar á xente a achegarse a Deus, tal e como profetizou Isaías”.

Á xente encantáballe o que Xoán ensinaba. Moitos mesmo se preguntaban se sería o Mesías. Pero el dicíalles: “Vai vir alguén moito maior ca min, e eu non son quen nin de desatarlle as sandalias. Eu bautizo con auga, pero el bautizará con espírito santo”.

“Este veu de testemuña para dar testemuño da luz, para que todos cresen por el” (Xoán 1:7)