Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Aprendamos das historias da Biblia

Introdución á sección 11

Introdución á sección 11

Esta sección dá comezo ás Escrituras Gregas Cristiás. Xesús naceu nunha familia humilde que vivía nunha pequena vila. Traballou de carpinteiro con seu pai. El era o único que salvaría a humanidade. Xehová escollérao para ser rei do Reino dos ceos. Se tes fillos, axúdalles a ver como Xehová escolleu con coidado a familia e o ambiente no que Xesús crecería. Explícalles que Deus o protexeu de Herodes, e que nada pode impedir que se cumpran os Seus propósitos. Ensínalles que lle encargou a Xoán a tarefa de preparar o camiño para Xesús. E destácalles que, xa dende pequeno, Xesús demostrou que confiaba plenamente na guía e nos consellos de Xehová.

NESTA SECCIÓN

CAPÍTULO 68

Isabel ten un neno

Por que quedou sen fala o home de Isabel ata que naceu o seu fillo?

CAPÍTULO 69

O anxo Gabriel visita a María

A mensaxe que lle deu cambiaríalle a vida.

CAPÍTULO 70

Os anxos anuncian o nacemento de Xesús

Os pastores que escoitaron o anuncio reaccionaron con rapidez.

CAPÍTULO 71

Xehová protexe a Xesús

Un malvado rei quixo matar a Xesús.

CAPÍTULO 72

A adolescencia de Xesús

Por que quedaron abraiados os mestres no templo?

CAPÍTULO 73

Xoán prepara o camiño para o Mesías

Xoán chegou a ser un profeta de Xehová e anunciou que pronto aparecería o Mesías. Como respondeu a xente á súa mensaxe?