Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Aprendamos das historias da Biblia

 CAPÍTULO 2

Deus crea o primeiro home e a primeira muller

Deus crea o primeiro home e a primeira muller

Xehová fixo un xardín nun sitio chamado Edén. O xardín estaba cheo de plantas, árbores e animais. Entón creou do po o primeiro home, Adam. Xehová soproulle no nariz e, sabes o que pasou? O home comezou a vivir! Despois, Xehová mandoulle que coidase do xardín e lle puxese nome a tódolos animais.

Xehová deulle a Adam unha norma moi importante. Díxolle: “Podes comer froita de tódalas árbores, pero desta non. Se comes desta árbore, morrerás”.

Máis tarde, Xehová dixo: “Vou facerlle unha axudante a Adam”. Deus fixo que Adam durmise profundamente e usou unha das súas costelas para crear unha muller. Chamábase Eva. Adam e Eva formaron a primeira familia. Que lle pareceu  a Adam a súa muller? Adam estaba tan contento que dixo: “Mira o que fixo Xehová da miña costela! Por fin! É coma min!”.

Xehová mandoulles a Adam e Eva que tivesen fillos e enchesen a terra. El quería que desfrutasen traballando xuntos e convertesen toda a terra nun paraíso, nun lugar tan bonito coma o xardín de Edén. Pero non foi así. Por que non? Verémolo no seguinte capítulo.

O Creador fíxoos “varón e femia desde o principio” (Mateo 19:4)