Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Aprendamos da Biblia en familia

 LECCIÓN 10

Xesús sempre foi obediente

Xesús sempre foi obediente

Pensas que é fácil obedecer sempre ós teus pais?— Ás veces é un pouquiño difícil. Sabías que Xesús sempre obedecía a Xehová e tamén ós seus pais?— O seu exemplo pode axudarte a ser obediente, ata cando non che sexa fácil. Imos aprender do exemplo de Xesús.

Antes de vir á terra, Xesús vivía no ceo con seu Pai, Xehová. Xesús tamén tiña pais aquí na terra. Chamábanse Xosé e María. Sabes como chegaron a ser pais de Xesús?—

Xehová colleu a vida de Xesús, que estaba no ceo, e púxoa dentro de María. Así Xesús podería nacer e vivir na terra. Isto foi un milagre! Xesús foi crecendo dentro da barriga de María, igual que tódolos bebés crecen dentro das súas nais. Uns nove meses despois, naceu Xesús. E así foi como María e o seu home, Xosé, foron os pais de Xesús.

Cando Xesús tiña só doce anos, fixo unha cousa que demostrou que lle quería moito ó seu Pai, Xehová. Foi cando Xesús e maila súa familia fixeron unha viaxe moi longa a Xerusalén para ir á festa da Pascua. Cando xa volvían para casa, Xosé e máis María non daban atopado a Xesús por ningures. Sabes onde estaba?—

Lembras por que Xesús estaba no templo?

María e mais Xosé volveron ás carreiras a Xerusalén, e alí buscaron a Xesús por todas partes. Como non o atopaban, estaban moi preocupados. Por fin, tres días despois deron con el. Estaba no templo! Sabes por que Xesús estaba no templo?— Porque alí podía aprender acerca do seu Pai, Xehová. Como Xesús quería tanto a Xehová, gustáballe moito aprender como facelo feliz. Xesús seguiu obedecendo a Xehová cando creceu e se fixo maior. Fíxoo incluso cando lle foi difícil e tivo que sufrir. Obedecería tamén a Xosé e María?— Tamén, así o di a Biblia.

Que aprendiches do exemplo de Xesús?— Que deberías obedecer ós teus pais, incluso cando che coste. Halo facer?—