Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Aprendamos da Biblia en familia

 LECCIÓN 13

Timoteo quería axudar ós demais

Timoteo quería axudar ós demais

Timoteo era un mozo que desfrutaba facendo cousas boas polos demais. Viaxou a moitos sitios para axudar a outros, e por iso tiña unha vida moi emocionante. Gustaríache saber como foi?—

A nai e a avoa de Timoteo ensináronlle acerca de Xehová

Timoteo criouse nunha cidade chamada Listra. Xa dende pequeniño, a súa avoa, Loide, e maila súa nai, Eunice, aprendéronlle cousas de Xehová. Segundo ía crecendo, Timoteo tamén quería axudar a outros a aprender de Xehová.

Cando Timoteo era novo, Paulo preguntoulle se quería viaxar con el para predicar noutros sitios. Timoteo díxolle: “Por suposto!” Estivo disposto a marchar para axudar a outras persoas.

 Timoteo e Paulo viaxaron a unha cidade de Grecia chamada Tesalónica. Para chegar aló, tiveron que camiñar moito e despois coller un barco. Cando por fin chegaron, axudaron a moita xente a aprender acerca de Xehová. Pero outros anoxáronse e intentaron facerlles dano. Así que Paulo e mais Timoteo tiveron que marchar a predicar a outro lado.

Timoteo tivo unha vida feliz e emocionante

Uns meses despois, Paulo pediulle a Timoteo que volvese con el a Tesalónica para ver que tal estaban os irmáns de alí. Facía falta moito valor para volver a aquela cidade tan perigosa! Pero Timoteo quixo ir porque estaba preocupado polos irmáns que vivían alí. Cando volveu da viaxe, deulle boas noticias a Paulo: ós irmáns de Tesalónica íalles moi ben!

Timoteo traballou con Paulo durante moitos anos. Paulo chegou a escribir que Timoteo era a mellor axuda que podía enviar ás congregacións. Timoteo quería a Xehová e ás persoas.

Ti tamén queres ás persoas? Gustaríache axudarlles a aprender sobre Xehová?— Se así o fas, podes ter unha vida tan feliz e emocionante coma a de Timoteo!