Ir ó contido

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

 LECCIÓN 5

Samuel sempre facía o que estaba ben

Samuel sempre facía o que estaba ben

Dende ben pequeniño, Samuel viviu e traballou no tabernáculo, que era o lugar onde a xente adoraba a Xehová. Sabes como chegou a estar alí Samuel? Antes de sabelo, imos aprender un pouco sobre a súa nai, Ana.

Durante moito tempo, Ana non puido ter fillos, aínda que desexaba moito telos. E por iso fixo unha oración a Deus suplicándolle que lle axudase. Prometeulle a Deus que se tiña un fillo, levaríao a vivir e traballar no tabernáculo. Xehová contestou a súa oración e Ana tivo un neno. Chamoulle Samuel. E como prometera, cando Samuel tiña tres ou catro anos, Ana levouno ó tabernáculo para que servise a Deus alí.

Elí era o sumo sacerdote no tabernáculo, é dicir, o principal representante da xente ante Deus. Tiña dous fillos que tamén traballaban alí. Lembra que o tabernáculo era un lugar para adorar a Deus, onde se espera que as persoas se porten ben. Pero os fillos de Elí facían cousas moi malas. E Samuel vía o que estaban a facer. Portaríase Samuel tan mal coma os fillos de Elí?— Non, el sempre fixo o que estaba ben, tal como lle ensinaran os seus pais.

Que pensas que Elí debería ter feito cos seus fillos?— Debería telos castigado. Non debía deixarlles traballar máis na casa de Deus. Pero Elí non fixo nada, así que Xehová enfadouse moito con el e cos seus fillos, e decidiu castigalos.

Samuel deulle a Elí a mensaxe de Xehová

Unha noite, cando Samuel durmía, sentíu que alguén o chamaba: “Samuel!” Entón levantouse e correu onda Elí, pero el díxolle: “Eu non te chamei.” Isto pasou dúas veces máis. Pero á terceira, Elí díxolle a Samuel que se volvía escoitar esa voz, debería dicir: ‘Por favor, Xehová, fálame; estou escoitando.’ E iso foi o que fixo Samuel. Entón, Xehová díxolle a Samuel: ‘Vai e dille a Elí que vou castigar á súa familia polas cousas  malas que fixeron.’ Pensas que lle foi fácil a Samuel darlle esa mensaxe a Elí?— Non, seguro que non. Pero aínda que tivo medo, fixo o que lle mandou Xehová. E o que dixo Xehová cumpriuse: Elí e os seus dous fillos morreron.

Samuel é un bo exemplo para nós. Fixo o que estaba ben aínda que viu a outros facer cousas malas. E ti? Serás como Samuel e farás o que está ben? Se o fas, Xehová e os teus pais sentiranse moi felices.

MÍRAO NA TÚA BIBLIA