Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Aprendamos da Biblia en familia

 LECCIÓN 11

Persoas que escribiron acerca de Xesús

Persoas que escribiron acerca de Xesús

Ves os homes do debuxo?— Son Mateo, Marcos, Lucas, Xoán, Pedro, Santiago, Xudas e Paulo. Todos eles viviron canda Xesús, e escribiron cousas sobre el. Imos coñecelos mellor.

Coñeces a algún destes homes?

Tres deles eran uns seguidores de Xesús que el escolleu chamados apóstolos, e predicaron con el. Sabes que tres?— Mateo, Xoán e Pedro. Os apóstolos Mateo e Xoán coñecían moi ben a Xesús, e cada un deles  escribiu un libro que fala da vida de Xesús. O apóstolo Xoán tamén escribiu un libro chamado Revelación, ou Apocalipse, e tres cartas: Primeira de Xoán, Segunda de Xoán e Terceira de Xoán. O apóstolo Pedro escribiu dúas cartas que están na Biblia. Chámanse Primeira de Pedro e Segunda de Pedro. Na súa segunda carta, Pedro conta dunha ocasión na que Xehová falou dende o ceo e dixo de Xesús: “este é o meu Fillo, o meu predilecto, o Fillo do meu contento.”

Os outros homes do debuxo tamén escribiron libros nos que podemos aprender cousas sobre Xesús. Un deles é Marcos. O máis seguro é que vise cos seus propios ollos como prenderon a Xesús, e todo o que alí pasou. O outro é Lucas, un médico que probablemente se fixo cristián despois de morrer Xesús.

Dous dos outros escritores da Biblia, que tamén están no debuxo, eran irmáns pequenos de Xesús. Sabes como se chaman?— Santiago e Xudas. Ó principio non crían en Xesús, mesmo chegaron a pensar que virara un pouco tolo. Mais co tempo creron nel e fixéronse cristiáns, é dicir, seguidores de Xesús.

O último escritor da Biblia que está no debuxo é Paulo. Antes de ser cristián chamábase Xaúl, ou Saulo. Como odiaba ós cristiáns era moi malo con eles. Sabes que fixo que Paulo quixese ser cristián?— Un día, Paulo ía camiño de Damasco cando de repente sentiu unha voz que lle falaba dende o ceo. Era Xesús! E preguntoulle a Paulo: ‘Por que es tan malo cos que cren en min?’ Despois disto, Paulo cambiou e chegou a ser cristián. Paulo escribiu catorce libros da Biblia, de Romanos a Hebreos.

Verdade que lemos a Biblia tódolos días?— Cando lemos a Biblia, aprendemos moitas cousas sobre Xesús. Gustaríache seguir aprendendo sobre Xesús?—